Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 11 de maio de 1999 Páx. 5.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

EDICTO do 15 de abril de 1999 para facer público que se incoou expediente por responsabilidades como consecuencia de defectos no revestimento interior da piscina municipal. Dilixencias preliminares.

Con data do 1-12-1998, adoptou acordo sobre este particular a Comisión de Goberno do Concello de Cervo (Lugo), acordando dar traslado do expediente ó técnico director das obras da piscina municipal, Eduardo Pinedo Iglesias, para que no prazo de 15 días puidese efectua-las alegacións oportunas na defensa dos seus dereitos.

Intentouse notifica-lo devandito acordo por correo certificado con xustificante de recepción en dúas ocasións, nas que foi devolta polo servicio de correos.

Para lle dar cumprimento ó artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, publícase no DOG e remítese edicto, xunto con copia do acordo, ó concello no que consta o seu último domicilio para a súa exposición no taboleiro de edictos.

Cervo, 15 de abril de 1999.

Roberto Álvarez Fernández

Alcalde