Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 11 de maio de 1999 Páx. 5.668

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 20 de abril de 1999, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), polo que se fai público o extravío do resgardo de depósito 592/90, para os efectos de expedición de duplicado.

Faise público por medio deste anuncio o extravío do resgardo de depósito nº 592/90 constituído o día

19 de novembro de 1990, en Vigo, por medio de aval bancario, polo importe de 535.539 pesetas, e que garante a Feyju Galicia, S.L.

No prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar deberán presentalo nesta delegación territorial, con domicilio na praza de América, 1-torre 1ª-2º.

Transcorrido o referido prazo sen presentarse, expedirase un novo resgardo que anulará o exemplar orixinal.

Vigo, 20 de abril de 1999.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)