Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 10 de maio de 1999 Páx. 5.603

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA

ANUNCIO do 2 de maio de 1999 polo que se convocan probas selectivas para cubrir prazas de persoal laboral fixo desta fundación.

De acordo co establecido no artigo 2º da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, a selección de persoal das entidades, fundacións e sociedades mencionadas no artigo 1 da dita lei, será efectuada con respecto ós principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade da convocatoria. Convócanse probas selectivas para cubri-las seguintes prazas de persoal laboral fixo desta fundación:

Grupo A:

-3 prazas de médico xeral.

Requisitos mínimos: licenciado en medicina e ciruxía.

Grupo B:

-4 prazas de axudante técnico sanitario (ATS/DUE).

Requisitos mínimos: diplomado universitario en enfermería (ATS).

Grupo C:

-5 prazas de técnico especialista de laboratorio (TEL).

Requisitos mínimos: titulación de técnico especialista de laboratorio FP-II ou equivalente.

-1 praza de técnico de informática.

Requisitos mínimos: titulación de técnico especialista de informática de xestión FP-II ou equivalente.

-1 praza de promotor da doazón.

Requisitos mínimos: bacharelato superior ou equivalente.

Grupo D:

-4 prazas de auxiliar administrativo.

Requisitos mínimos: graduado escolar ou equivalente.

-3 prazas de auxiliar de enfermería/laboratorio.

Requisitos mínimos: titulación de auxiliar de enfermería FP-I ou equivalente.

Grupo E:

-2 prazas de conductor/celador.

Requisitos mínimos: certificado de escolaridade ou equivalente. Carné de conducir tipo D. Experiencia mínima de 2 anos.

Os aspirantes que non acaden puntuación suficiente para obter praza de persoal laboral fixo da fundación pasarán a formar parte dunha lista para contratacións temporais de acordo co establecido no punto 2 do artigo 7 da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, e materia de persoal e contratación.

Os interesados poderán recolle-las bases da convocatoria e o modelo de instancia no Centro de Transfusión de Galicia, Avda. Monte da Condesa s/n, 15706 Santiago de Compostela.

O prazo de presentación das solicitudes e dos documentos esixidos será dun mes desde a publicación no Diario Oficial de Galicia.

A documentación deberá remitirse ó apartado de correos nº 310 de Santiago de Compostela.

Os interesados poderán solicitar información no teléfono 981 13 20 15 de 9 a 15 horas.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 1999.

Roberto García de Villaescusa Collazo

Director técnico da Fundación Centro

de Transfusión de Galicia