Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 10 de maio de 1999 Páx. 5.601

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO INCIO

EDICTO.

Aprobada inicialmente polo Concello Pleno, na sesión celebrada o día 30 de abril de 1999, a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento municipal, consistente en permitir aproveitamentos baixo cuberta, así como sotos ou semisotos nos núcleos rurais, en cumprimento do establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, exponse ó público o expediente, na secretaría deste concello, polo prazo dun mes, para os efectos de exame e reclamacións.

O Incio, 3 de maio de 1999.

Angel Camino Copa

Alcalde