Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 10 de maio de 1999 Páx. 5.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da escritura pública de modificación dos estatutos sociais da entidade Federación de Empresas Cooperativas Sinerxia.

En cumprimento do disposto no artigo 134 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia e para os efectos previstos nesta, faise público que no Rexistro Central de Cooperativas dependente desta dirección xeral foi depositada a escritura pública de modificación de estatutos sociais da entidade Federación de Empresas Cooperativas Sinerxia, resultando inscrita no libro de inscrición de asociacións cooperativas.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 1999.

José Mª Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais