Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 10 de maio de 1999 Páx. 5.586

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/328-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 438, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. rúa Santa Mariña.

Situación: Redondela.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 275 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña RDN 7.04 na derivación ó C.T. Picota, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta na rúa Santa Mariña, rematando na mesma liña, concello de Redondela. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV-38/0'220 V. R.B.T., subterránea, con conductor tipo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 16 de marzo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

3640