Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 07 de maio de 1999 Páx. 5.546

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio da presente resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

Obra

Orzamento

contrata

Prazo

execución

Clasificación

esixida

254 P.O.L. 99 A Pastoriza-Abstº auga a Vián10.200.0009 meses-

263 P.O.L. 99 Sarria-Abstº auga a Manán10.000.0006 meses-

265 P.O.L. 99 Trabada-Abstº auga a Trabadela (Sante-Trabada) e saneamento en Trabada12.000.0006 meses-

268 P.O.L. 99 Navia de Suarna-saneamento da aldea de Mera10.000.0006 meses-

270 P.O.L. 99 Outeiro de Rei-rede de sumidoiros sector Colexio Nacional14.000.0004 meses-

47 ZAE 99 As Nogais-asfaltado-camiños de Doncos e Nullán, p.k. 0-510.116.0006 meses-

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación de Lugo.

b) Dependencia: Sección de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ó comenzo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comenzo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería Provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación de Lugo.

b) Enderezo: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Teléfono: 982 25 10 42.

e) Fax: 982 24 49 62.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó remate o prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se sinala no encabezamento (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte á publicación do pre

sente edicto, no Diario Oficial de Galicia se o último día coincide en domingo ou festivo: o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: «contido de proposicións».

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de 10 a 14 horas.

1. Entidade: Deputación.

2. Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, agás no prazo de execución.

Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación da súa suficiencia de poderes farase especificamente para o presente concurso.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Deputación.

b) Enderezo: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación, agás os sábados.

e) Hora: ás 12 horas.

10.Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios.

Correrán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 23 de abril de 1999.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo