Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 07 de maio de 1999 Páx. 5.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da delimitación do polígono e estudio de detalle no núcleo 01.02 Carregal C (Alcabre) (expediente 32537/421).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo en sesión celebrada o día 16 de abril de 1999 acordou aprobar inicialmente o proxecto de delimitación de polígono e o correspondente estudio de detalle no núcleo 01.02 Carregal C na parroquia de Alcabre, presentado pola entidade Viuconsa, coincidentes co predio propiedade de Manuel Daniel Vázquez Fernández, conforme a documentación elaborada polo arquitecto Enrique Rodríguez Alfaro, na que, a parcelación presentada é novamente indicativa, e visado polo COAG o 26 de febreiro de 1999.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

Signifícase que o prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da casa do concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 28 de abril de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo