1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.
a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación. b) Número de expediente: As99/9.
2. Obxecto do contrato: servicio de mantemento dos acuarios da Casa dos Peixes.
Prazo de execución: un ano prorrogable ata seis.
3. Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 32.000.000 ptas (IVA incluído).
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: véxase punto 1. b) Domicilio: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Clasificación: grupo III, subgrupo 5, categoría a.
8. Presentación de proposicións:
a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
d) Admisión de variantes: si.
9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica:
a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Proposición Económica», «Documentación Administrativa» e «Documentación Técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... (nome ou denominación social do licitador) para optar ó concurso para a contratación do servicio de mantemento dos acuarios da Casa dos Peixes (Ref. As99/9)».
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 20 de abril de 1999.
O alcalde
P.D.
Rubricado