Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 07 de maio de 1999 Páx. 5.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 1999 pola que se convoca un concurso público aberto para a contratación dunha consultoría e asistencia para a elaboración das contas económicas de Galicia e as táboas que conforman o marco input-ouput, relativos ó exercicio económico 1998.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económico-Administrativa.

c) Nº de expediente: 640.1/26/01.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: elaboración das contas económicas de Galicia e as táboas que conforman o marco input-ouput, relativos ó exercicio económico 1998.

b) Prazo de execución: 16 meses desde a sinatura do contrato e seguindo o calendario fixado no punto 7 do prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

-Importe total: 106.000.000 de pesetas, IVE incluído (637.072,83 euros).

5. Garantía provisional: 2.120.000 pesetas (12.741,46 euros).

6. Obtención de documentación e información: poderán retirala no Negociado do Rexistro do IGE, r/ Ramón Piñeiro, nº 27 Santiago de Compostela. C.P. 15702. Tlf.: 981 54 13 21, e fax: 981 54 13 23.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 4 de xuño de 1999.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 4.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro do Instituto Galego de Estatística en horario das 9 ás 14 horas, ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Apertura das ofertas: ás 12 horas do 14 de xuño de 1999 nas dependencias do Instituto Galego de Estatística.

10. Data do envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 14 de abril de 1999.

O importe deste anuncio será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 1999.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística