Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 07 de maio de 1999 Páx. 5.466

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de oficinas e despachos.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo para o sector de oficinas e despachos, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 6-4-1999, subscrito en representacion da parte económica pola Asociación Provincial de Asesorías de Empresas, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO. e CIG, con data de 22-3-1999. De conformidade co disposto no artigo 6 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa insrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 9 de abril de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Salarios 1999

Grupo I: titulados

Titulado de grao superior125.2932.004.688
Titulado de grao medio113.1141.809.824

Grupo II: administrativos

Xefe superior113.1141.809.824
Xefe de primeira11.5251.784.400
Xefe de segunda, caixeiro con sinatura, xefe de reporteiros, traductor e intérprete xurado de máis dun idioma107.9251.726.800
Oficial de primeira, caixeiro sen sinatura, intérprete xurado dun idioma, operador de máquinas. Contables, taquimecanógrafo, telefonista e recepcionista con máis de dous idiomas, inspector de zona99.3461.589.536
Oficial segunda, telefonista e recepcionista cun idioma, reporteiro de axencia de información, traductor e intérprete non xurado, xefe de visitadores94.3681.509.888
Auxiliar con antigüidade superior a 3 anos35.5771.369.232
Auxiliar, telefonista, visitador, cobrador, pagador81.9761.311.616
Aspirante60.611969.776

Grupo III: técnicos de oficina

Xefe superior113.1141.809.824
Xefe de primeira, xefe de equipo de informática, analista, programador de ordenadores111.5251.784.400
Xefe de segunda, xefe de delineación, xefe de explotación, programador de máquinas auxiliares, administrador de test, coordinador de tratamiento de cuestionarios107.9251.726.800
Xefe de equipo de enquisas, coordinador de estudios106.3361.701.376
Delineante, proxectista100.1931.603.088
Debuxante proxectista, controlador, operador de ordenadores99.3461.589.536
Delineante94.3681.509.888

Grupo IV: especialistas oficina

Xefe de máquinas básicas107.9251.726.800
Operador de tabuladores inspector de entrevistadores, encargado de departamento de reprografías99.3461.589.536
Operador de máquinas básicas, debuxante, entrevistador, enquisador94.3681.509.888
Calcador, perforista, verificador, clasificador87.2721.396.352
Auxiliar81.9761.311.616
Aspirante60.611969.776

Grupo V: subalternos

Conserxe maior87.2721.396.352
Conserxe83.7771.340.432
Ordenanza, vixilante81.9761.311.616
Mozo dos recados 17 anos60.611969.776
Mozo dos recados 16 anos60.611969.776

Grupo VI: oficios varios

Encargado, almaceneiro94.3681.509.888
Oficial de 1ª, conductor de 1ª90.8731.453.968
Oficial de 2ª, conductor de 2ª87.2721.396.352
Axudante, operador reproductor de planos, operador multicopista e serocopista83.7771.340.432
Peón, mozo, persoal de limpeza de xornada completa81.9761.311.616