Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BEGONTE

EDICTO do 12 de marzo de 1999 polo que se anuncia a convocatoria para a provisión, mediante concurso-oposición, por promoción interna, dunha praza de administrativo de Administración xeral.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión que tivo lugar o día 16 de marzo de 1999, aprobou as bases da convocatoria para a provisión, mediante concurso-oposición, por promoción interna, dunha praza de administrativo de Administración xeral vacante no cadro persoal deste concello.

O texto completo destas bases exponse ó público no BOP por un prazo de vinte días naturais, sendo o seu extracto o seguinte:

Prazas: unha.

Denominación: administrativo, escala de Administración xeral.

Forma de provisión: concurso-oposición, promoción interna.

Probas da oposición:

1. Tipo test, con cincuenta preguntas con respostas alternativas, relativas ás materias do programa. Obrigatorio e eliminatorio.

2. Resolución dun caso práctico. Obrigatorio e eliminatorio.

3. Manexo de ordenador (procesamento de textos). Obrigatorio e eliminatorio.

4. Traducción dun texto do castelán para o galego. Obrigatorio e non eliminatorio.

Temario: publícase co texto íntegro das bases no BOP.

Begonte, 12 de marzo de 1999.

José Pena Rábade

Alcalde