Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/331-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Montedónigo.

Situación: Ortigueira.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 452 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 5 da liña que alimenta o C.T. Outeiro e final en C.T. Montedónigo que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Montedónigo, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 920 m de lonxitude. Ortigueira.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 5 de abril de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña