Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 06 de maio de 1999 Páx. 5.418

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (63/1990).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber que en virtude do acordado en autos de xuízo executivo nº 63/1990, sobre reclamación de cantidade, sendo demandante Banco de Galicia, S.A., e demandados Ediciones Liser, S.A., Manuel Roza Ferreiro, Mª del Carmen Martínez Rejes, Manuel Vea Ferro e Mª del Carmen dos Santos Ruibal, sendo a contía do asunto a de 1.685.098 pesetas de principal, máis 675.000 pesetas calculadas para xuros, gastos e custas, cítanse de remate os demandados Ediciones Liser, S.A., Manuel Roza Ferreiro, Mª del Carmen Martínez Rejes, Manuel Vea Ferro e Mª del Carmen dos Santos Ruibal para que, no prazo de nove días hábiles a partir da publicación, poidan opoñerse á execución, comparecendo nos autos por medio de procurador, apercibidos que de non o efectuar serán declarados en rebeldía e que seguirá o xuízo o seu curso sen volvelos citar nin facerlles outras

notificacións que determine a lei. Notifícaselle-lo embargo do seguinte ben: vehículo marca Mercedes Benz 230 E, WB 12322310138868, matrícula C-7278-BH.

Faise constar que se realizou o embargo sobre o ben dos demandados, sen requirimento previo de pagamento por descoñece-lo seu domicilio.

E para que conste e lle sirva de notificación ós demandados, Ediciones Liser, S.A. e Mª. del Carmen Martínez Rejes, expido este edicto en Santiago de Compostela o 24 de marzo de 1999.

O secretario

Rubricado