Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 05 de maio de 1999 Páx. 5.357

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 8 de abril de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio de dúas bateas de cultivo de mexillón denominadas L.C. III e Román I, a favor de Antonio Otero García e Outros, S.C.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade das concesións e dos establecementos que se relacionan a continuación:

Denominación da batea: L.C. III.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Caramiñal C, cuadrícula 39.

Data da concesión: 25-6-1957.

Data do remate da última prórroga: 2-8-2002.

Denominación da batea: Román I.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Caramiñal H, cuadrícula 2.

Data da concesión: 19-4-1974.

Data do remate da última prórroga: 14-5-2004.

Anteriores titulares: Antonio Otero García (35.270.873) e Mª Manuela Vicente Rebollido (76.450.607).

Novo titular da concesión e batea: Antonio Otero García e Outros, S.C. (G-15.640.964).

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 8 de abril de 1999.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña