Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 05 de maio de 1999 Páx. 5.355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.M.T. Marrube-Vilatán, concello do Saviñao e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 8/1999).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, as que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

b) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo o plan Mega.

c) Trazado, datos básicos e localización:

-Liña de media tensión aérea Galegos-Vilatán a 20 kV con orixe no P-51 da L.M.T. a C.T. Buxán e remate no P-3 da L.M.T. o C.T. Vilatán, cunha lonxitude de 3,137 km, conductor LA-56/54,6 mm e apoios de formigón.

-Liña de media tensión aérea o C.T. Laxe a 20 kV con orixe no P-16 da L.M.T. Galegos-Vilatán e remate no C.T. de Laxe, cunha lonxitude de 0,24 km, conductor LA-56/54,6 mm e apoios de formigón.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións que, segundo o sinalado no artigo

54, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os afectados do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan e ela nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa das sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poidan examinarse os proxectos de instalacións nesta Delegación Provincial, edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo, e formula-las reclamacións, por duplicado, que se estimen oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 5 de abril de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 8/99. Provincia: Lugo.

L.M.T. a C.T. de Laxe.Termo municipal: O Saviñao.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1A CruzMonte baixoAmadeo Varela GarcíaSan Sadurniño (Escairón), 118

27547 O Saviñao

2-342402.400

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 8/99. Provincia: Lugo.

L.M.T. Marrube-Vilatán.Termo municipal: O Saviñao.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

28ValXestasDescoñecidoDescoñecido15150

55A CruzMonte baixoAmadeo Varela GarcíaSan Sadurniño (Escairón), 118

27547 O Saviñao

35350

58SalgueriosMonte baixoAmadeo Varela GarcíaSan Sadurniño (Escairón), 118

27547 O Saviñao

14140

59SalgueirosPradoAmadeo Varela GarcíaSan Sadurniño (Escairón), 118

27547 O Saviñao

1721301.300

61SalgueirosMonte baixoJosé Idilio López RodríguezPiñeiro

27547 O Saviñao

12120

76PascualPradoGermán Vázquez OteroNosa Sra. Montserrat, 24 Entrl.

27547 Sata. Col

22165650

79PascualPradoCarmen LópezVilatán-Casado (Canteiro)

27547 O Saviñao

45

81PascualCarballeiraDolores Expósito Sacor/ Rafael Campalans (Hospitalet de Llobregat)23113130

82PascualXestasJosé Carlos Álvarez Fernándezr/ Pujás (Hospitalet de Llobregat), 112-1º 3D, BA23115150

88AcibeirosCarballeiraLuisa Varela Regalr/ Roberto Bahamonde

52-3º B

27400 Monforte

25-26

27

62852.850