Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 05 de maio de 1999 Páx. 5.353

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/399-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Industrias Frigoríficas del Louro, S.A.

Domicilio social: Ponte do Valo, 36400 O Porriño.

Denominación: central de coxeración en Ponte do Valo.

Situación: O Porriño.

Descricións técnicas: dous grupos de 4.400 kVA cada un, 6,6 kV motor diésel 4.400 kW, 600 R.P.M. xerador de 4.062 kVA, 6000 V dous trafos de 4.500 kVA cada un, 6,6/15 kV trafo auxiliar de 5.000 kVA, 15/20-400 V dúas caldeiras de vapor, situada en Ponte do Valo, concello do Porriño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 26 de marzo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra