Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 05 de maio de 1999 Páx. 5.352

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/335-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: R.B.T. Avda. Xeneralísimo.

Situación: Miño.

Descricións técnicas: expediente 335/98. Liñas eléctricas aéreas de baixa tensión, a 380/220 V, sobre apoios de formigón e pasada sobre fachadas, en conductor R.Z.: de 978 m de lonxitude correspondentes ó circuíto I. De 163 m de lonxitude correspondentes ó circuíto II. De 594 m de lonxitude correspondentes ó circuíto III. De 359 m de lonxitude correspondentes ó circuíto IV. Tódolos circuítos teñen a súa orixe no C.T. Avda. do Xeneralísimo de Miño. Miño.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 24 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña