Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 04 de maio de 1999 Páx. 5.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO.

Aprobado polo alcalde deste concello, con data do 9 de xullo de 1998, o proxecto e o prego de condicións económico-administrativas que polo sistema de concurso público urxente e procedemento aberto rexerán na contratación das obras que no punto 2 se indican, expóñense ó público polo prazo dos oitos primeros días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no DOG e no BOP. Así mesmo, anúnciase o concurso para a presentación

de propostas, podendo aprazarse a licitación no caso de que se formulen reclamacións contra o proxecto ou o prego.

1. Entidade adxudicadora:

Concello do Rosal. Praza do Calavario nº 1, Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Concello do Rosal.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato. Descrición:

a) Reforma do centro cultural e do seu contorno (orzamento de execución: 5.987.567 ptas.).

b) Accesos núcleos Pías-Calvario (orzamento de execución: 29.433.780 ptas.).

c) Acondicionamiento da Alameda de San Miguel (orzamento de execución: 8.984,375 ptas.).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamentos da licitación e criterios de selección:

Os indicados no punto dous (non se admiten baixas) e os criterios sinalados na cláusula 13ª do prego.

5. Garantías:

a) Provisional: 2% do tipo.

b) Definitiva: 4% do adxudicado.

c) Así mesmo, presentarase a oportuna fianza correspondente ó 4% das melloras presentadas e valoradas economicamente.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría do Concello do Rosal.

b) Enderezo: praza do Calvario nº 1.

c) Localidade: O Rosal.

Teléfono: 986 62 50 00.

Telefax: 986 62 60 34.

d) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Os especificados no prego.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite: 13 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP e no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 10ª do prego.

Lugar de presentación: rexistro xeral do concello do Rosal, das nove ás catorce horas.

9. Prazo de vixencia das ofertas:

Tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

10. Apertura de ofertas:

Nun prazo máximo de 7 días naturais seguintes ó da data da apertura da documentación xeral dos sobres B e anunciarase, polo menos, 48 horas antes da súa realización cun edicto no taboleiro do concello.

11. Gastos dos anuncios.

Por conta dos adxudicatarios.

O Rosal, 5 de abril de 1999.

José Luis Rodríguez Martínez

Alcalde