Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 04 de maio de 1999 Páx. 5.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEAÑO

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno, en sesión ordinaria con data do 29 de marzo de 1999, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá o concurso tramitado para adxudicar, mediante procedemento aberto, a obra separata do proxecto de acondicionamento da zona de Seixiños por este anuncio convócase licitación pública para a adxudicación desta obra.

Obxecto do contrato.-A adxudicación da obra separata do proxecto de acondicionamento da zona de Seixiños. Prazo de execución.-Tres meses desde a data de formalización do contrato. Tipo de licitación.-25.000.000 de ptas. IVE incluído. Clasificación esixida.-Grupo G, subgrupo 6, categoría D), e grupo F, subgrupo 7, categoría D) garantías.-Provisional: 500.000 ptas. Definitiva: 1.000.000 de ptas. Forma.-Concurso. Obtención de documentación e información.-Concello de Meaño, As Covas nº 20 -Meaño, C.P. 36968. Teléfono 986 74 71 02. Presentación de proposicións.-Lugar e prazo: rexistro xeral do concello, en horario das 9 ás 13.30 horas, no prazo de 26 días naturais contados a partir do día seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG. Documentación.-A esixida na cláusula 9 e segundo as formalidades dela . Apertura de proposicións.-Ás 13 horas do martes, xoves ou venres inmediatamente seguintes ó da data de remate de presentación de proposicións. Gastos de

publicación.-Serán por conta do adxudicatario. Entidade adxudicadora.-Concello de Meaño. Tramitación.-Ordinaria. Procedemento.-Aberto.

Meaño, 8 de abril de 1999.

Jorge Domínguez Rosal

Alcalde