Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 04 de maio de 1999 Páx. 5.302

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución dos expedientes sancionadores na orde social 45 e 67/1999.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, informándolles de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poden interpoñer recurso ordinario perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114

da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndolle que de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

A Coruña, 6 de abril de 1999.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Expte. nºActa nºTitularNIF/DNI EnderezoMateriaData Res.Sanción

45/992119/97(1)Construcc. y Promoc. de Obras Urbanas Hnos. Carballo, S.L.B-36159457Avda. América, 34

A Estrada (Pontevedra)

S.H.24-2-1999350.000 ptas.
67/99810/98Construcc. y Promoc. de Obras Urbanas Hnos. Carballo, S.L.B-36159457Avda. América, 34

A Estrada (Pontevedra)

S.H.24-2-1999250.100 ptas.