Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 04 de maio de 1999 Páx. 5.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/333-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea, campo festa-Perlío.

Situación: Fene.

Descricións técnicas: expediente 333/98 liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 15 e 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al. De 410 m de lonxitude, con orixe no C.T. campo festa e final no C.T. igrexa. De 548 m de lonxitude, con orixe en liña existente ó seu paso pola r/ Marqués de Figueroa e final no C.T. San Valentín. De 156 m de lonxitude, con orixe en subestación Astano e final no C.T. As Pontes-Fene.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 30 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña