Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 04 de maio de 1999 Páx. 5.287

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 23 abril de 1999 pola que se modifica a do 11 de marzo de 1999 pola que se convoca e regula o réxime de concesión e axudas a empresas, agrupacións ou asociacións de empresas que realicen investimentos, estudios e xestión de residuos industriais dirixidos a mellorar e controla-lo ambiente.

Como consecuencia da maior dispoñibilidade orzamentaria para a consecución dos obxectivos de reducción, reutilización, reciclaxe e valorización, así como para promove-las tecnoloxías menos contaminantes na eliminación de residuos, esta consellería considera conveniente efectua-los trámites precisos para incrementa-la dotación inicialmente prevista na orde de referencia.

Na súa virtude e no uso das atribucións que me foron concedidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o artigo 26 da referida orde, ó que se lle dá a seguinte nova redacción:

Existe crédito suficiente e axeitado na aplicación orzamentaria 15.03.342A.770 -Subvencións en materia de ambiente industrial- nos orzamentos da Comunidade Autónoma para 1999, para atende-los gastos desta orde de axudas.

O importe máximo aplicable é de 140.730.565 ptas.

Disposición derradeira

Esta disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 1999

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente