Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 04 de maio de 1999 Páx. 5.271

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 26 de abril de 1999 pola que se modifica a composición da Comisión de Selección de Investigación.

O Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro, (DOG do 6 de febreiro), creou a Comisión de Selección de Investigación e por orde desta consellería do 21 de abril de 1998 (DOG do 12 de maio), nomeáronse os seus membros.

Como consecuencia das renuncias presentadas por algúns membros da comisión, por motivos profesionais e persoais, é preciso proceder á súa substitución.

Polo que antecede e atendendo á proposta do secretario seral de Investigación e Desenvolvemento, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º

O cesamento como membros da Comisión de Selección de Investigación as persoas que a seguir se relacionan, agradecéndolle-los servicios prestados:

Vocais:

Antonio Erias Rey.

José Manuel Gallardo Abuín

Wenceslao José González Fernández.

Santiago Hernández Ibáñez.

Secretario:

Benito R. Fernández Rodríguez.

Artigo 2º

Nomear membros da Comisión de Selección de Investigación ás persoas que de seguido se relacionan:

Vocais:

Francisco Javier Cuadrado Aranda. Área de ensinanzas técnicas.

Amando Ordás Pérez. Área de ciencias experimentais.

José Manuel Sánchez Santos. Área de ciencias económicas.

José Luis Veira Veira. Área de ciencias sociais e xurídicas.

Secretaria:

Socorro Torres Salgado, xefa do servicio de xestión da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública