Anuncio de licitación para contratar por concurso público, procedemento aberto e urxente, a adxudicación conxunta da obra e o seu proxecto técnico, denominada construcción dun albergue xuvenil en Abeleda.
De conformidade co disposto no artigo 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, sobre contratos das administracións públicas, anúnciase procedemento aberto e urxente para adxudicar, mediante concurso, conxuntamente a obra que antecede co seu correspondente proxecto técnico.
1. Entidade adxudicadora: Concello de Xunqueira de Ambía, praza de San Rosendo, 1, 32670 Xunqueira de Ambía (Ourense). Teléfono: 988 43 60 40, fax 988 43 60 69.
Dependencia que tramita o expediente: secretaría do concello, onde poderán obter copia do prego de
condicións, do proxecto básico e demais información que compón o expediente.
2. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a execución das obras, así como a redacción do correspondente proxecto técnico de execución, de acordo co básico aprobado.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 19.861.960 pesetas (conxuntamente para proxecto e obra), IVE incluído.
5. Garantías.
a) Provisional: 2% do tipo ou base de licitación.
b) Definitiva: 4% do orzamento do contrato.
6. Presentación de ofertas: dentro dos 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG, excepto sábados. Se o último fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.
7. Gastos de anuncios e tributos: por conta do adxudicatario.
O que se fai público para cumprir co establecido no artigo 326 da lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia.
Xunqueira de Ambía, 2 de marzo de 1999.
José Luis Gavilanes Losada
Alcalde