Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 03 de maio de 1999 Páx. 5.252

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 8 de abril de 1999, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente C-136-CD/63, conta 496 e dous máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código Civil e a cláusula III e IV do contrato de compravenda, notifícaselles ós interesados cos datos e último domicilio coñecido (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subcritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 8 de abril de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

José Luis Martínez Ven e herdeiros.

Expte. C-136-CD/63 (DP-D 7/98).

Conta: 496.

R/ Amapolas, bloque 16, P-9, 4º Dta. (A Coruña).

Importe débeda: 83.230 ptas.

Antonio Gómez Beceiro e herdeiros.

Expte. C-1-IV/68-1 (Desafiuzamento F.P. 31/99).

Conta: 216.

Emilia Pardo Bazán, bloque 47, P-57, baixo Esquda., Políg. Caranza (Ferrol).

Importe débeda: 1.834.983 ptas.

Álvaro Fraga Rosende e herdeiros.

Expte. C-109-CD/67 (Desafiuzamento F.P. 69/99).

Conta: 158.

R/ Armada Española, bloque 31, P-11, 8º C (Ferrol).

Importe débeda: 161.135 ptas.