Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 03 de maio de 1999 Páx. 5.250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por poxa con tramitación urxente, da obra que se cita. (Expediente PO-13-24-99-01).

-Explanación no porto de Arcade.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expedente:

c) Número de expediente: clave (PO-13-24-99-01).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: explanación no porto de Arcade.

b) División por lotes:

c) Lugar de execución: Arcade.

d) Prazo de execución: catro (4) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base licitación.

Importe total: 22.328.875 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 893.155 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa 5 A-6º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: 981 54 53 22.

e) Telefax: 981 54 53 24.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo F, subgrupo 1, categoría c. Grupo F, subgrupo 3, categoría c.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 1.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar da presentación:

1ª Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no Rexistro do ente público Portos de Galicia.

2ª Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707 (ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A e publicará no taboleiro de anuncios dos servicios centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

11. Gastos dos anuncios.

Este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 1999.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia