Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 03 de maio de 1999 Páx. 5.245

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/25-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., e R.B.T. r/ Mariano Carrera.

Situación: Verín.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV de 148 m de lonxitude en conductor R.H.V.-12/20 kV, con orixe na L.M.T. ó C.T. Cancelón e remate na L.M.T. ó C.T. Estrela. C.T. non prefabricado en soto r/ Mariano Carrera con 400 kVA e R/T 20.000/380-220 V. R.B.T. subterránea do anterior C.T. con 150 metros en conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 25 de marzo de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense