Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 03 de maio de 1999 Páx. 5.229

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (238/1997).

En Santiago de Compostela o 8 de abril de 1999, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria deste xulgado, fago constar que con data do 20 de marzo de 1998 se dictou sentencia no xuízo de faltas nº 238/1997, seguido por substracción, acontecido en Santiago de Compostela o día 25 de xullo de 1997, coa seguinte parte dispositiva: que debo absolver e absolvo a Gumersinda Morago Bombín da falta que se lle imputa, con declaración das custas de oficio.

E así o fago constar e expido esta cédula para a súa notificación ó denunciante, Manuel Cunha Rodrigues, que se fará mediante a inserción desta cédula no Diario Oficial de Galicia, instruíndoo de que contra a sentencia cabe interpoñer recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días ante este xulgado conforme o disposto nos artigos 976, 795 y 796 da Lei de axuizamento criminal.

A secretaria

Rubricado