Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 03 de maio de 1999 Páx. 5.224

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 1 de setembro de 1998 pola que se establece o número de unidades e os postos de traballo docentes que corresponde prover por funcionarios do corpo de mestres nas escolas de educación infantil, colexios de educación primaria, colexios de educación infantil e primaria, colexios de educación especial, centros públicos integrados e institutos de educación secundaria.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG nº 177, do venres 11 de setembro de 1998, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 10.158, concello de Muxía, onde di: «colexio de educación infantil e primaria (creación programada), código 150NVP29», debe dicir: «colexio de educación infantil e primaria Virxe da Barca, código 15009676».

-Na páxina 10.190, concello de Muxía, onde di: «instituto de educación secundaria Virxe da Barca, código 15009676», debe dicir: «instituto de educación secundaria de Muxía, código 15027927».