Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1999 pola que se anuncia a contratación, por porcedemento aberto, mediante poxa, de diversas obras que se van realizar na cidade infantil Príncipe Felipe.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante poxa, das seguintes obras:

Unidade de convivencia tipo do Centro de Eduación Especial Agarimo, por importe de 9.642.052 pesetas (57.949,90 euros).

Unidade de convivencia tipo do Centro de Maternais e Educación Infantil, por importe de 8.106.209 pesetas (48.719,30 euros).

Unidade de convivencia tipo do Centro Residencia Hogar, por importe de 13.591.432 pesetas (81.086,15 euros).

Fianzas: provisional do 2% do tipo de licitación. Definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte ó da terminación do plazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Teléfono 986 80 41 01.

Pontevedra, 22 de abril de 1999.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado