A Comisión de Goberno acordou inicia-los trámites para a contratación das obras que seguidamente se indican, e para tal efecto aprobou o correspondente proxecto e prego de cláusulas administrativas particulares, que se expoñen xunto con este anuncio polo prazo de catro días para reclamacións, e ordenou anuncia-lo seguinte concurso público:
Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello, nº 1, 36500 Lalín. Teléfono 986 78 70 60. Fax 986 78 20 42.
Obxecto: construcción de centro social en Veiga-S. Ramón e reforma en Castro, Madriñán, Barcia e outros. POL/99.
Orzamento: 37.170.148 ptas.
Duración do contrato: catro meses.
Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.
Clasificación do contratista: grupo C, subgrupos 1, 2, 4 e 6, categoría B.
Garantía provisional: 743.403 ptas.
Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello en horas de oficina, de luns a venres e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.
Lugar e prazo de presentación de proposicións: este anuncio será publicado no DOG e no BOP de Pontevedra e as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello ou na forma establecida no prego de condicións, dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir do día de publicación do último dos anuncios indicados e en horario das nove ás catorce horas. As ofertas manteranse durante tres meses.
Apertura de proposicións: a apertura das proposicións terá lugar na casa do concello, ás doce horas e trinta minutos do seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas; para
estes efectos considéranse os sábados como días inhábiles.
O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.
Lalín, 22 de abril de 1999.
Camilo González Bodaño
Alcalde accidental