Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.197

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (1/1999).

En relación coa solicitude de Ventorrillo Coruña, con data do 16 de abril deste ano, a Alcaldía Presdencia resolveu:

1. Aprobar definitivamente a delimitación de dous polígonos no ámbito do PAE F8.01:

Pol. 1 APE F8.01, cunha superficie de 9.356,86 m, de forma cadrada, linda ó norte coa Avda. de Fisterra, ó leste coa Rda. de Outerio, ó oeste coa rúa Isaac Peral e ó sur co Pol. 2 e subestación eléctrica.

Pol. 2 APE F8.01, cunha superficie de 4.356,41 m, de forma irregular, linda o norte co Pol. 1 e a subestación eléctrica, ó leste coa Rda. de Outeiro, ó oeste coa devandita subestación e a rúa Isaac Peral e ó sur coas parcelas catastrais número 7209003 e 7209005 propiedade de Javier Wirt Molezún e Irmáns Méndez Pérez, S.L., respectivamente.

2. Deteminar como sistema de actuación en ámbolos dous polígonos o de compensación, debendo os propietarios achega-los terreos de cesión obrigatoria,

realizando pola súa conta a urbanización nos termos e condiciósn que se determinan no plan.

O que se publica, significando que contra a resolución que se traslada cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou a resolución, no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpor o contencioso-administrativo será de dous meses contado a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 23 de abril de 1999.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

O alcalde