Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1999 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto, para a adxudicación do servicio que se cita. (Expediente 300/1999).

1. Entidade adxudicadora:

a) Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº do expediente: 300/1999.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: Servicio para a Universidade de Vigo dunha unidade técnica.

b) Nº de lotes: 3.

c) Prazo de execución: será o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Concurso: público.

4. Orzamento base de licitación: importe total 27.500.000 ptas.

5. Garantías:

Provisional: 2% sobre orzamento tipo de licitación. Definitiva: 4% sobre importe de licitación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Domicilio: r/ Areal 46, anexo Rectorado, planta 3ª.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Teléfono: 986 81 35 56.

e) Telefax: 986 81 38 57.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: r/ Areal 46, planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Areal 46-1ª planta.

c) Localidade: Vigo 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 22 de abril de 1999.

Julio Taboada Pérez

Xerente