Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.190

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 5 de abril 1999, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se fai pública a resolución do recurso ordinario do expediente sancionador PO-0713-97.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que se citan a continuación a resolución dos recursos ordinarios dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección dos recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto, para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial de Pontevedra (Vigo) da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (r/ Palma nº 4-Vigo) e presenta-lo recurso correspondente.

Nº de expediente: PO-0713-97.

Denunciada: Aurora González Ferradás.

Enderezo: A Graña, 1-Bueu-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 7.9º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: un millón unha pesetas (1.000.001 ptas.).

Recurso ordinario presentado o día: 5 de xuño de 1998.

Resolución do recurso ordinario: estimatoria, revogando a resolución obxecto de recurso.

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño) as devanditas sancións deberán ser aboadas na Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo. Título da conta Tesouro da Facenda Galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións. Delegación de Vigo (Pontevedra). C/C nº 2091-0501-66-3110000041, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. De non

ser aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 5 de abril de 1999.

Rosa María Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo