Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: desvío L.M.T. en cruzamento río Lérez.
Situación: Pontevedra.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 950 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 1 que se vai suprimir, onde as liñas actuais pasaban de subterráneas a aéreas, finalizando no apoio 4 que se retirará onde as liñas pasaban de aéreas a subterráneas, no cruzamento do río Lérez, concello de Pontevedra.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 12 de marzo de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra