Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.179

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 28 de abril de 1999 pola que se modifica a do 24 de marzo de 1999, pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña Verán Galicia-99 que se desenvolverá nas instalacións xuvenís de Galicia.

Na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 69, do 13 de abril de 1999, regúlase a convocatoria para optar ás prazas nas diferentes actividades programadas en Galicia durante a vindeira Campaña Verán Galicia-99, establecéndose no artigo 6 que o prazo para a recepción de solicitudes será ata o día 30 de abril. Non obstante, razóns de oportunidade aconsellan amplia-lo dito prazo, modificando as restantes datas que aparecen recollidas nas diferentes fases do procedemento regulado nesa orde, de conformidade co disposto no artigo 49 da Ley 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

En consecuencia,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícanse as datas que figuran nos artigos 5.3º, 6, 7 e 9.1º da orde da convocatoria citada, quedando como seguen:

1. Os interesados poderán comproba-la recepción da súa solicitude a través dos diferentes medios establecidos no artigo 5, a partir do día 11 de maio, no teléfono xove 902 15 25 35.

2. O prazo de presentación de solicitudes, establecido no artigo 6, amplíase ata o día 5 de maio de 1999.

3. O sorteo a que fai mención o artigo 7 realizarase o día 20 de maio, e as listas de admitidos para cada quenda e actividade ás que fai mención o mesmo artigo serán expostas o día 21 de maio.

4. Os solicitantes ós que no se lles adxudicou praza no sorteo poderán optar ás prazas que quedasen vacantes, polo sistema de adxudicación directa regulado no artigo 9, no período comprendido entre o día 10 e o 11 de xuño.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 1999.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude