Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.148

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE TRABALLO E ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1999, da Dirección Provincial de Pontevedra en Vigo da Tesourería Xeral da Seguridade Social, pola que se anuncia poxa pública para o alleamento do predio que se cita.

Declarada a alienabilidade e autorizado o seu alleamento, convócase poxa pública do seguinte predio urbano: Salvaescura ou Buratiña e Pío, situado nos lugares de Pío e Lameliña, parroquia de Bora, concello de Pontevedra, dunha hectárea, oitenta e dúas áreas e cincuenta e seis centiáreas. Sobre este predio existen diversas edificacións.

Tipo mínimo de licitación: 73.100.000 ptas. (439.339,84 euros).

Prego de condicións: os pregos de condicións poderán ser recollidos na sede da Dirección Provincial situada na rúa García Barbón, 36-2ª planta, Vigo (Pontevedra).

Depósito para tomar parte na poxa: 20 % do tipo de licitación.

Data e lugar da poxa: a poxa comezará ás once horas do día 5-6-1999 na sala de xuntas desta dirección provincial.

A totalidade dos gastos serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 6 de abril de 1999.

Miguel Ángel Vázquez Ares

Director provincial de Pontevedra en Vigo