Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.148

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONTRATACIÓN de obras de centro de interpretación de xogos populares na Granxa-Velle (Ourense).

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condiciósn para a contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite de urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación de Ourense. A apertura da documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Relación de obras:

-Centro de interpretación do xogos populares na Granxa-Velle (Ourense). Proxecto técnico dos arquitectos Aurelio Outeiriño Fernández e Alberto de Paula Prieto, con orzamento de 29.966.628 ptas., das que 27.704.628 ptas. lle corresponden á execución das obras e o resto ós honorarios da dirección técnica, ós que non se lles aplica baixa na poxa. Prazo de execución de 6 meses. Claisificación: grupo C, tódolos subgrupos, categoría c.

Ourense, 29 de marzo de 1999.

O presidente

Rubricado