Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Riveira.

Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

2. Obxecto do contrato: implementación dun sistema informático central na casa do concello (subministración de hardware, software e implementación de rede).

Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Orzamento: prezo base de licitación: 25.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantías: provisional: 500.000 ptas. Definitiva: 1.000.000 de ptas.

6. Clasificación do contratista: non se esixe.

7. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais desde a última publicación deste anuncio no BOP ou DOG. Lugar: rexistro xeral do Concello de Ribeira, das 9 ás 13 horas.

8. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Ribeira. Oficina de Contratación.

Teléfono: 981 87 10 50. Extensión: 214. Fax: 981 87 16 10.

Simultaneamente co anuncio de licitación, sométese a exposición pública o prego de condicións obxecto deste contrato, por un prazo de oito días, segundo o previsto no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Riveira, 19 de abril de 1999.

O alcalde

Rubricado