Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 5 de abril de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio das bateas JG número 3 e JRP número 4.

Vistos os expedientes de cambio de dominio que a continuación se mencionan, instruídos para efectos de transmisión das concesións administrativas pertinentes e dos establecementos que as amparan; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio), e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista dos informes favorables do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade das concesións e establecementos que se relacionan a continuación:

Denominación da batea : JG nº 3.

Cultivo: mexillón (Mytilus Galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 21, Cangas H.

Data de concesión: 2-4-1958 (BOE nº 96).

Data do remate da última prórroga: 22-4-2003.

Anteriores concesionarios: Dosinda Bragado Iglesias (76.830.658D).

Manuel González Cruz (35.935.226).

Novo titular concesión: Manuel González Bragado (35.293.163P).

Denominación da batea: JRP nº 4.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 10, Cangas E.

Data de concesión: 30-6-1976.

Data do remate da última prórroga: 22-12-2002.

Anterior concesionario: Dosinda Bragado Iglesias (76.830.658D).

Manuel González Cruz (35.935.226).

Novo titular concesión: Manuel González Bragado (35.293.163P).

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 5 de abril de 1999.

P.D. (Orde do 27-6-1990, DOG nº 134,

do 10 de xullo)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Lugo