Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.121

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/109-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Rozada-Coiro.

Situación: Cangas.

Descricións técnicas: L.M.T., aero-subterránea, a 20 kV, de 63 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, desde un apoio que se colocará na L.M.T. ó C.T. grupo escolar Rozada ata o apoio 9 da mesma liña, e 80 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 8 da L.M.T. ó C.T. grupo escolar Rozada ata o C.T. que se proyecta en Rozada-Coiro, concello de Cangas. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 635 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z, sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 12 de marzo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra