Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. A Pasaxe IV.
Situación: Gondomar.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15
kV, de 34 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. BAL 701 entre os CC.TT. Prieto e Indermarder ata o C.T. que se proxecta na Pasaxe nº 51, rematando na mesma liña, concello de Gondomar. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 11 de marzo de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
3424