Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,
sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T Sobreira.
Situación: Marín e Vilaboa.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 806 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre paoios de formigón, desde apoio anterior ó C.T. O Pereiro da L.M.T. MUR 804, ata o C.T. que se
proxecta en Sobreira, concellos de Marín e Vilaboa. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 370 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 11 de marzo de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
3422