Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 29 de abril de 1999 Páx. 5.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1999 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras de clave LU/99/14.2 e LU/99/11.2.

a) Obra.

1. Acondicionamento da plataforma e reforzo do firme con mestura bituminosa en quente. Camiño

de Santiago C-535 Becerreá-Vendas de Narón. Treito: Sarria-Paradela.

Clave: LU/99/14.2.

Orzamento: cento sesenta e sete millóns trescentas vintecinco mil oitenta e dúas pesetas (167.325.082).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: 3.346.502.

2. Acondicionamento da plataforma e reforzo do firme con mestura bituminosa en quente. Camiño de Santiago C-535 Becerreá-Vendas de Narón. Treito: Paradela-Portomarín.

Clave: LU/99/11.2.

Orzamento: cento corenta e tres millóns cento sesenta e oito mil cento noventa e seis pesetas (143.168.196).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: 2.863.364.

(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada na letra a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do quinto día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda