Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 28 de abril de 1999 Páx. 5.079

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (119/1999).

Anúnciase que o Concello Pleno en sesión ordinaria realizada con data 12 de marzo de 1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

O Concello Pleno, por unanimidade, acordou, aprobar inicialmente o estudio de detalle de aliñacións na rúa San Pedro das Caldas e que se siga o trámite establecido no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia,

sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 22 de marzo de 1999.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente