Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 28 de abril de 1999 Páx. 5.078

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (91/1997).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data do 11 de febreiro de 1999 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente, por instancia de María Luisa Lloves Boo, o proxecto de urbanización da

zona 3 A do SU-38 do PXOU de Ourense, e logo da constitución de garantía polo importe de 2.557.310 ptas. (dous millóns cincocentas cincuenta e sete mil trescentas dez pesetas), para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997 do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 9 de marzo de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde