Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 28 de abril de 1999 Páx. 5.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e trámite de urxencia, para a contratación dos servicios de elaboración das aplicacións informáticas de posta en marcha dun sistema de atención a usuarios e de xestión de incidencias.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: elaboración das aplicacións de posta en marcha dun sistema de atención a usuarios e de xestión de incidencias.

b) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: data límite o 31-12-1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: trinta e cinco millóns de pesetas (35.000.000 de ptas.), IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: 700.000 pesetas.

Definitiva: 1.400.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (oficina de información).

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 44 91.

e) Telefax: 981 54 54 43.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo III, subgrupo 3.

b) Outros requisitos: especificados no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sito nos edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela, ou por correo, conforme o establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas).

b) Domicilio: edificios administrativos, San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 10.30 horas.

10. Gastos dos anuncios: os gastos do anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 1999.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria