Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 28 de abril de 1999 Páx. 5.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 5 de abril de 1999, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 284/97.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a proposta de resolución de expediente instruído por infraccións da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG nº 210, do 31 de outubro).

Nº de expediente: 284/97.

Denunciado: Jesús Amante Vila.

Enderezo: Avda. Castrelos, 169, 36210 Vigo (Pontevedra).

O dito interesado dispón dun prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto para poder examina-lo expediente no Servicio

de Estradas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (r/ Said Armesto, 1, Pontevedra) e presentar ante o citado servicio as alegacións que consideren pertinentes.

Pontevedra, 5 de abril de 1999.

Fausto Núñez Vilar

Xefe do Servicio Provincial de Estradas

de Pontevedra