Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 28 de abril de 1999 Páx. 5.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 16 de abril de 1999, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra) polo que se relacionan aumentos de base imponible, pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Argibay Torres, Erundina e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse aumentos de base impoñible pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do Servicio de Secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións) con enderezo na Praza de América bloque 1, portal oficinas 2ª planta Vigo, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 16 de abril de 1999.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

ANEXO

-Interesada: Argibay Torres, Erundina. DNI: 35.963.250. Padre Celso, 2ª Travesía, 12. Vigo.

Procedemento: imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Expte. 6382/95.

-Interesado: Arroyabe Valle, Joaquín Domingo. DNI: 36.064.672. Doutor Canoa, 10. Vigo.

Procedemento: imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Expte. 191/95.

-Interesada: Barreras Lago, Mª del Valle. DNI: 35.897.942. Travesía Emilio Coll, 3. Pozuelo de Alarcón-Madrid.

Procedemento: imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Expte. 9656/95.

-Interesado: Severino Estévez Comesaña, S.L. CIF: B-36.773.406. Avenida Florida, 7. Vigo.

Procedemento: imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Expte. 7381/94.